Volver a la página anterior

Volver a la página anterior

 

 

Agradezo a oportunidade que me brinda o webmaster da páxina de Arco Narón para publicar a miña opinión persoal sobre unha serie de feitos que xiraron en torno ó derradeiro Campionato de España en Sala e porque considero que, hoxe en día, é a única páxina galega que informa puntualmente non só dos resultados das competicións senón de todo o que está a acontecer arredor do tiro con arco galego e, en moitos outros aspectos, arredor do tiro con arco a nivel estatal.

fina 

 

 

Aínda que de sobras sei que a opinión dos acompañantes dos arqueir@s que asisten ás distintas competicións, tanto a nivel nacional como estatal, que se celebran ó longo da tempada deportiva, non acostuma manifestarse, e moito menos ser tida en conta, considero convinte e necesario expresar o meu parecer sobre varios aspectos do desenvolvemento do último Campionato de España, terceiro ó que asistín, celebrado en Ciudad Real, do 18 ó 20 de pasado mes de febreiro, porque, se cadra, dende as gradas, e con información de primeira man, a valoración presumo pode resultar, cando menos, racional, que non obxectiva.

O grupo de arqueir@s e amigos de Arco Narón e Sílex comenzamos a nosa viaxe en común o xoves, día 17, cun encontro en Benavente, para, despois dunha breve parada, continuar camiño a Ciudad Real.  

Por unha circunstancia que non ven ó caso, pero que me deu a oportunidade de coñecer a unha familia cordobesa extraordinaria, entrañable e para sempre na memoria do meu tempo, María, Mon, Pilar e máis eu chegamos ó hotel Navarra ás nove e media da noite. Logo da cea e dun breve paseo polo grande pobo que é Ciudad Real, nos retiramos para afrontar descansados e co mellor ánimo a primeira das xornadas deste Campionato.

O venres amaneceu frío e dende primeiras horas da mañá, case todos, estabamos no pavillón onde se celebraba a competición. Unha instalación axeita para a celebración deste evento deportivo a pesar de que o ruido da calefacción, coa que se quería mitigar as baixas temperaturas, chegou a resultar insoportable. Estaban en liña de tiro os arqueir@s de Composto. A representación galega, conformada por Mon, Guillermo (Arco Narón) e Antonio Martínez (Sporting C. Casino) obtivo unhos resultados máis que meritorios si temos en conta que para Guillermo era o seu primeiro campionato e que Mon anda un tanto “distraída” últimamente.

De tódolos xeitos, para valoración e postos de clasificación, nada mellor que consultar o listado oficial da RFETA.

Neste punto un primeiro inciso. Cando, o venres, na apertura do Campionato, o vicepresidente da RFETA alaba a “excelente organización” desta competición, Pilar e a que isto suscribe, totalmente sorprendidas, nos preguntamos ¿cómo pode asegurar este señor tal excelencia si aínda non empezara a andar o Campionato?.... Semella un discurso aprendido e repetitivo.

Un outro inciso. Si as Federacións Territoriais poden ter acreditadas catro persoas na pista de tiro,¿cal é a razón pola que a FGTA non fixo valer este dereito?. Si temos en conta que Manolo Buitrón e Alfredo Rubio, Presidente e Secretario de Sílex, respectivamente, tiñan a acreditación como representantes da Radio Municipal de As Pontes, medio de comunicación, ó marxe da FGTA,¿ cal foi a razón pola que Anxo Grandal, monitor e representante do Club galego que máis arqueiros levaba a este Campionato, non pudo estar na pista cos arqueiros  do seu club?. De sobras sei que Jorge Mato Posse estaba como Presidente da FGTA pero, ¿en calidade de qué estaba Luis Ascariz?. ¿Por qué non se fixeron valer as outras acreditacións?......... ¿Onde está normativizado, regulamentado.... que os monitores de clubes non podan ter acceso á asistencia, apoio e desenvolvemento da práctica deportiva dos seus arqueiros nun evento de tamaña importancia?......... ¿Foi esta unha “medida de castigo” contra a persoa que, por escrito e públicamente, puxo en evidencia as prácticas oscurantistas e prepotentes de quenes ostentan ó día de hoxe a representación do máximo expoñente institucional dos arqueiros a nivel estatal?...

Pero claro, nada mellor que retroceder un pouco no tempo para tentar explicar unha serie de cuestións sobre este Campionato de España, no que ó apartado da Federación Galega de Tiro con Arco se refire.

 No Campionato Galego de Sala, celebrado en As Pontes, e organizado polo Club Sílex, Jorge Mato Posse informoulles a unha serie de arqueiros que ían subvencionados ó Cpto. de España. De Sílex só falou con Gema Buitrón. O resto dos nomes dos arqueiros prefiro omitilo porque non teño a certeza da súa totalidade.

Sorprendentemente, unhos días despois, e a raíz dun escrito dirixido polo Presidente de Sílex ó Presidente da FGTA, no que lle requería cal era o baremo ou sistema que se aplicaba para as subvencións a este Campionato de España e mesmo a lista oficial dos arqueiros subvencionados pola FGTA, Mato Posse respostou sinalando o sistema elexido para subvencionar ós arqueiros e mesmo a lista dos arqueiros subvencionados. Nela figuraban, ademais doutros, Juana Martínez e Félix Romero, de Sílex. E a pregunta salta, ¿cal foi o motivo polo que Mato Posse non lles comunicou a Juana Martínez, gañadora do Trofeo FGTA, Campiona Galega, e a Félix Romero, Campión Galego, ambolosdous en Sala, nese fin de semán que ían subvencionados para o Campionato de España?. ¿Por qué é o club ó que pertencen é o que ten que formular estas cuestións?. ¿Tan difícil e custoso resulta poñerse en contacto cos arqueiros para comunicarlles tal decisión?. E que tería pasado si resulta que os arqueiros, por motivos económicos persoais ou do club ó que están adscritos non poden asistir ó Campionato de España e o máximo representante actual da FGTA espera á primeira xornada da celebración de dito Campionato para comunicarlles tal decisión?. E por último, ¿estánse a respetar os acordos asamblearios?..........

¿Por qué a Mon Vidal, grandísima Campiona Galega de Composto, arqueira do Arco Narón, á que Mato Posse lle entregou o trofeo no Campionto Galego, non tivo constancia da subvención por parte da FGTA ata o primeiro día da celebración do Absoluto de España en Ciudad Real?. ¿Por qué Mato Posse, sen reparo ningún, lle dixo que Arco Narón sí tiña constancia de que ía subvencionada?.... Ó día de hoxe, Anxo Grandal, un dos responsables do club está á espera, entre outras cousas, de tal comunicación....

Unhas liñas máis arriba fixen alusión a Luis Ascariz no sentido de que non sei en calidade de qué estaba presente na pista de tiro. E digo isto porque despois dun outro requerimento do Presidente de Sílex a Jorge Mato solicitando información sobre a composición da nova directiva da FGTA, ata o día de hoxe sigue sen recibir resposta algunha e iso que xa pasaron tres meses dende que unha resolución xudicial puxera a Mato Posse ó fronte da Territorial Galega.

A Luis Ascariz habería que colgarlle unha medalla polo desbordante ánimo que expresou en todo momento ós arqueiros galegos........ A verdade é que resultou bastante patética a sua actitude, a sua soedade, a sua falta de compañeirismo e mesmo certos comentarios que fixo, como por exemplo que técnicos como Mario Codispoti e Samo Medved, no seminario que impartiron o venres, no sentido de que decían o de sempre e que non tiñan nin puñetera idea.........¿Por qué un ex arquiro do Adarve, hoxe integrante de La Garrocha, chegou un momento en que solicitou de Alberto Blázquez consello técnico para mellorar a sua técnica?......

E no que respecta ó Equipo Galego, ¿por qué Mato Posse non xuntou a tódolos arqueir@s para a formación de dito equipo?. ¿Cal foi a razón para que non contaran con Juana Martínez, flamante Campiona de España?. Tamén quero supoñer que o cambio de opinión de Mónica García e Vicente Veira, que o venres ó mediodía mantiñan que, no caso de que se lles citara, non ían formar parte do Equipo, estivo motivada por unha alta motivación deportiva.....

O sábado pola noite, nun restaurante de Ciudad Real, Arco Narón e Sílex, con Alberto Blázquez, recién chegado de Madrid, celebrábamos os éxitos obtidos e disfrutábamos, unha vez máis, da entrañable amistade que nos une. 

O que máis lamento foi que á hora de entrega de trofeos só estiveramos os arqueir@s e acompañantes de Arco Narón e Sílex. Xa sei que moitos tiñan que traballar ó día seguinte, pero creo que un pequeno esforzo valía a pena para ver como un mesmo club, o Sílex, se levaba para a casa, por primeira vez na historia do tiro con arco galego, dous campionatos de España na mesma edición. Gema Buitrón Cotiñas, Campiona de España Júnior, Juana Martínez París, Campiona de España Senior Recurvo.

E da actuación dos xuices prefiro remitirme ó expresado noutro comentario desta páxina polo webmaster, ou como se diga.

 Pouco despois da unha da tarde, Arco Narón e Sílex iniciaban o camiño de volta a este o noso país.

Entre moitas lembranzas, o pub azul e a habitación 203.

Boa saúde deportiva a todos,

fina «

finadevila@telefonica.net

 

Volver a la página anterior