Páxina de Pitusa

 

 

Volver a página anterior

 

 

Campeonato de España Absoluto 2004  (Lleida)

 

 

Fai xa unhos anos que descubrìn o Tiro con Arco e dende entón as miñas vivencias ó redor deste “para mín” ¿hobby? foron múltiples e moi variadas.

 

Vín e vexo o esforzo de moitos arqueiros, as horas de entrenamento, as ledicias despois dunha boa tirada, as decepcions cando as cousas non saen ben, ...

 

Persoalmente descubrín amigas/os maravillosos cos que comparto todo o que comparten os bos camaradas.

 

Sufrín e sufro detrás da liña de tiro, disfritei e disfruto, e choro e chorarei de ledicia cando se acada ese trunfo polo que tanto se loitou.

 

Pero, o mellor de todo, é que cando todo acaba e abandoamos o campo de tiro, esa UNIÓN, esa complicidade, perdura xantando xuntos, tomando café, compartendo noites, escoitando música, facendo moitas risas e , por suposto, saboreando a nosa bebida favorita “ A Caipirinha "

 

É por todo esto que quero dende este “o meu rincón” agradecer todos estos momentos maravillosos á miña xente:

 

A tódolos arqueiros do meu clube polo seu esforzo, as suas gañas de facer ben as cousas, a sua ilusión, a sua incondicional axuda para todo,... esos intres diarios de descanso nos entrenamentos para tomar café, a sua total confianza,....

 

Un agradecemento especial os meus “nenas e nenos” polo seus entrenamentos diarios e as gañas de aprender.

 

Ós meus arqueiros galegos de Madrid e Vigo por tódolo anterior mais os miles de quilómetros que levan feito para estar ó noso lado.

 

As miñas colegas, non arqueiras, María e Fina, que sofren tódolo anterior e ademais me sofren a mín.

 

Unha lembranza especial para Eli- Jose que dentro dun mes, mais ou menos, contribuirán a que o noso clube conte cunha nova futura arqueira.

 

E por último, ó menos polo de agora, agradecemento e cariño especial para “TI”: Sabes que estás entre nos.

 

 

Pitusa.  Maio 2005

 

 

Volver a página anterior